Thursday, March 1, 2007

PUBLICAÇÕES INDEPENDENTES NO M.A.R.C.O. (Vigo)


Está patente até ao dia 11 de Março no Museu de Arte
Contemporanea de Vigo uma exposição inteiramente
dedicada às publicões independentes, livros de arista, cartazes
ou outras edições gráficas. Nas palavras da organização:

"PAPERBACK edicións baratas consiste nun espazo de lectura e
consulta de edicións impresas: libros, carteis, adhesivos e outras
pezas gráficas que responden a formatos ou referentes máis híbridos
e contaminados. A selección de materiais parte de e quere evidenciar
unha situación de renovación e vitalidade do mundo da edición
gráfica como soporte artístico que se desenvolveu nos últimos anos.
Renovación que se explica por diversos motivos, como as novas
tecnoloxías popularizadas nos anos noventa e un cuestionamento dos
estándares nos formatos de difusión e promoción gráfica da
institución arte (folletos, catálogos, follas de sala, etc.), pero que é
tamén debedora dunha extensísima tradición de inconformismo co
elitismo do mundo da arte. Esta tradición, nos seus esforzos por
estender as canles de distribución artísticas alén das galerías e
salas de exposicións, sentou as bases para a tradición das edicións
baratas en arte, dende os libros de artista de longa tiraxe, ao mail
art ou ás manifestacións da cultura somerxida como os fanzines
e os cómics.

A esta renovación da edición barata, coñecida nos medios editoriais
como rústica ou tapa branda (paperback), fai alusión o título da
mostra, un anglicismo que permite establecer un xogo de ideas
entre os dous eixes conceptuais que determinaron a selección dos
contidos."

As publicações Cospe-Aqui (ed. A MULA), Satélite Internacional
(ed. A LÍNGUA), OLÍMPICO (ed. SALÂO OLÍMPICO) e Raio Verde
(ed. Opuntia Books) marcam presença nesta mostra internacional.

Podem consultar mais informações AQUI!

No comments: